Metodoloxía Empresa-Aula

Para adquirir as competencias dos ciclos formativos o Centro inclúe unha metodoloxía dual no seu plan de formación, desenvolvendo en cada trimestre un PROXECTO EMPRESA-AULA (Training en empresas).

É un proxecto que asocia a formación teórica-práctica impartida nas aulas e talleres do centro coa formación práctica e de investigación que se obtén a partir de pequenas estancias nas empresas.

Trátase dunha actividade enmarcada dentro das actividades complementarias. O alumno visita durante unha semana ao trimestre a/s empresa/s, observa, pregunta, busca información, e se é posible, facer actividades que lles encomenden.

A realización deste proxecto ten tres fases:

Fase 1: Traballar na aula o guión do traballo de investigación. Cada trimestre terá un contido diferente.

Fase 2: Estancia na empresa dunha semana para investigar e elaborar o traballo.

Fase 3: Conclusións e posta en común na aula. Os alumnos terán que presentar e expoñer o resultado da investigación e da experiencia.

Os obxectivos que se pretende co PROXECTO EMPRESA-AULA son os seguintes:

  • Estudo do medio e da súa realidade: coñecer máis de cerca a profesión que escolleron.
  • Favorecer e axudar a investigar.
  • Posta en práctica das actitudes que o mercado laboral esixe dun bo profesional.

Neste curso 2015/2016 os proxectos programados serán os seguintes:

1º curso de CM de Xestión Administrativa:

1º Trimestre: “Acercamento á empresa”

2º Trimestre: “Funcionamento da empresa: produto ou servizo”

3º Trimestre: “Recursos Humanos, aprovisionamento e servizos loxísticos”

1º curso de CS de Administración e Finanzas

1º Trimestre: “Primeiro contacto coa empresa”

2º Trimestre:”Departamento de administración”

3º Trimestre: “Atención ao cliente”

1º curso de CM de Panadería, Repostería e Confitería

No primeiro trimestre non farán estancia en empresa, farán un traballo de campo visitando varias empresas en dous días, e será o seguinte:

1º Trimestre: “Estudo das Panaderías e Pastelerías do entorno”

2º Trimestre: non haberá

3º Trimestre: “Sistemas de  traballo”

2º curso de CM de Panadería, Repostería e Confitería

Só se fará, neste curso, no primeiro trimestre

1º Trimestre: “Estudo do sistema de produción e planificación do traballo”.

EVA EN PANELSHIPUlises y Cristina en SupanTRAINING Diana (1ºCS) en CARLIN