Quen somos

A EFA A Cancela, ubicada en Tortoreos, As Neves, é un centro educativo concertado coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

A oferta educativa é de Formación Profesional, ofertando os seguintes ciclos:

En EFA A Cancela tamén dispoñemos dunha oferta formativa complementaria que inclúe:

A Cancela é un centro de promoción rural pertencente á Unión de Escuelas Familiares Agrarias (UNEFA), que agrupa ás Federaciones territoriales das EFAs de España.

As EFAs son Centros de Formación Profesional implantadas en diversas poboacións locais, que comparten un ideario cristián, e sen ánimo de lucro. Son asociacións de familias e profesionais do medio rural, co obxetivo da promoción profesional e social por medio de accións educativas.

A acción educativa das EFAs céntrase na mellora integral da persoa, fundamentada nunha visión trascendente da existencia humana, e no desenvolvemento dos valores do humanismo cristián nun ámbito de respecto á liberdade das persoas.

A EFA A Cancela fundouse en 1973, e ten impartido sempre formación profesional, polo que lle abala unha gran experiencia. Ademais, conta con un gran abano de convenios coas empresas máis representativas da comarca para realizar as prácticas do alumnado. Isto fai que o noso centro conte cunha efectiva bolsa de traballo.

O proxecto educativo da EFA A Cancela basease nos seguintes principios:

  • Formación Integrada
  • Orientación profesional e persoal
  • Participación familiar