Inauguramos exposición en O Porriño

/ Maio 29, 2018/ Noticias

No Centro Cultural Municipal do Concello de Porriño inauguramos a exposición de Camiños: Con Pan e Viño ándase ou Camiño.

No acto inaugural, levado a cabo no Auditorio do mesmo Centro Cultural , presentou a exposición nuestroPresidente Tino Lores.

A continuación falaron o Presidente da AEJ de Portugal Antonio Devesa, Pilar Comesaña, concelleira do Concello de Pontevedra, Juanpropietario da Panadería Chinchina , como representación das panaderías da comarca presentes na exposición. Antonio, de Adegas de Señorío de Rubiós. Mary Carmen , presidenta da EFA das Neves. Santos Héctor , deputado de Turismo da Deputación Provincial.

Alex Vázquez interveu como representante dos artistas presentes na exposición que falou da súa especial relación con Porriño por ser parente do Arquitecto e Urbanista Antonio Palacios.

Houbo un recoñecemento explícito e especial por parte da Alcaldesa Eva García de la Torre ao concelleiro de Promoción Económica de Porriño ,Marcelino Coto.

Acompañáronnos o Presidente da Confraría da Peregrina Ignacio Landín e Eva Piñón como representante da Comunidade do Salnés .

Unha presenza importante foron os artistas Xulio Gil, Luz Lafuente e o escultor Suso Balado.

Pechou o acto cunhas emotivas e agradecidas palabras a alcaldesa de Porriño Eva García de la Torre.

Despois de visitar a exposición ofrecéronnos os presentes no acto,dun viño español con aperitivos elaborados polo Centro A Cancela das Neves, empanadas e pan de Porriño e un magnífico viño procedente das Adegas do Señorío de Rubiós.

Share this Post