IMPORTANCIA E DEMANDA DAS ACTITUDES NO MUNDO LABORAL

/ Abril 15, 2015/ Noticias

Ó final do segundo trimestre, a piques de comezar as prácticas en empresa (FCT), os alumnos

e alumnas de 2º curso de CM de Xestión Administrativa e CS de Administración e Finanzas

recibiron unha sesión informativa e gráfica sobre as ACTITUDES no mundo laboral.

FOTOS intelixencia emocional 005O Centro ten claro e forma parte da súa metoloxía, que a formación no pode ser académica e

técnica sen máis; ten que complementarse coa formación en actitudes que é o que vai

distinguir un traballador de outro coa mesma titulación académica.

A sesión foi impartida por Ana Núñez (diplomada relacións laborais), experta en formación de

recursos humanos, ademais é exalumna deste centro.

Dende o inicio da sesión ata rematar, trataou de inculcar aos alumnos a importancia desta

formación tanto na súa vida persoal coma na laboral. En termos xerais falou, entre outros,

temas da intelixencia emocional: conciencia dun mesmo, motivación, empatía,

desenvolvemento de habilidades sociais… e inculcarlles que hoxe en día o empresario necesita

algo máis que un titulación.

Share this Post