II Semana Gastrocultural na Efa A Cancela

/ Marzo 5, 2016/ Noticias

Os vindeiros días 15,16 e 17 de marzo terá lugar a II Semana Gastrocultural na Efa A Cancela. A primeira edición foi todo un éxito e tivemos o pracer de contar con moitos empresarios da provincia, e tratáranse temas moi interesantes. E nesta segunda edición non será para menos.

14

O martes 15 de marzo terá lugar unha mesa redonda de 11 a 12:30 sobre “Emprender no rural, é posible!!” na que contaremos coas seguintes empresas:

– Chocolates Antoxo, fábrica de chocolates artesáns de Arantel.

– Cerveza A Curuxa de Ponteareas.

– Bodega Beira Aral, viño de autor en Arbo.

– Cooperativa Caprina en Mondariz.

– Carabuña, marmelada Sabugueiro.

– Finca A Puchadiza unha horna ecolóxica de As Neves.

O Coordinador da mesa e Don Xosé Manuel Rodríguez, Alcalde de As Neves.

O mércores 16 de marzo haberá un taller de moenda nos Muiños de Rubios cunha visita guiada con moenda de millo, dirixida por Don Belarmino Méndez, a Saída será dende a Efa A Cancela, o Taller do Pan de Millo será no obradoiro da escola.

O día 17 de marzo haberá unha mesa redonda de 11 a 12:30 sobre “Unha alternativa gastronómica: o ecolóxico” coa participación de:

– A Taskatenda de Salvaterra.

– Mel As Neves, Cooperativa do Requeixo e o mel de As Neves.

– Xangall, bodega ecolóxica e biodinámica de Arbo.

– Biochousa, horta ecolóxica de Mondariz.

– Xurxéns a horta ecolóxica en Mondariz.

– O Chef Iván Méndez do restaurante Búrbidas en Mondariz.

– Efa Coristanco, que ofrece ciclos formativos da Rama Agraria.

– Panadería Pandarán, unha panadería Integral en A Lama.

O coordinador da mesa será Don Ernesto Sánchez Salgado, director técnico da CRAWFA.

 

As mesas redondas terán lugar no Auditorio Vázquez Portomeñe no Auditorio do Concello de As Neves. Precísase a confirmación de Asistencia no teléfono: 986648250.

Agardamos por todos vos!!

 

 

Share this Post