II SEMANA GASTRO-CULTURAL NA EFA A CANCELA

O Centro de Formación Profesional, EFA A CANCELA, situado en As Neves, celebrou a II SEMANA GASTRO-CULTURAL, do 15 ao 17 de marzo no auditorio municipal Vázquez Portomeñe.

IMG_20160315_132704

O moderador do evento foi o alcalde de As Neves D. Xosé Manuel Rodríguez.

Entre outros eventos incluíu a participación en dúas mesas redondas, e a visita guiada aos MUIÑOS da zona para ver unha moenda in situ así como a elaboración de pan ao estilo tradicional.(Amasado, cocción en forno de leña, etc.)

>>Para ver as fotos do evento fai click aquí.<<

 

MARTES DÍA 15 DE MARZO

A MESA REDONDA do martes, estivo moderada por D. Xosé Manuel Rodríguez (Alcalde das Neves) e consistiu no tema “EMPRENDE NON RURAL” con participación de 6 empresas novas do sector gastronómico da comarca:

Chocolates Antoxo, unha fábrica artesá de chocolate en Arentei dirixida por D. Joaquín Eiras.

Cervexa A Curuxa, unha empresa dedicada á fabricación de cervexa artesá en Ponteareas. Dna. Isabel Vieitez.

Adega Beira Aral, un viño de autor, Arabo, en Arbo. D.Thierry de Francisco puxo unha chea de paixón en contarnos a súa experiencia .

Cooperativa Caprina, explotación de cabras e produción de queixos en Mondariz dirixida por D. Carlos Rodríguez.

Carabuñas, unha empresa adicada á fabricación artesá de marmelada e licores de sabugueiro.

Leira A Puchadiza, unha explotación de froitas ecolóxicas en As Neves. D. Pablo Rial Gil.

PRESENTACIÓN DO ALCALDE DE AS NEVES

PRESENTACIÓN DO ALCALDE DE AS NEVES

MÉRCORES 16 DE MARZO 

Pola mañá comezamos coa visita ao muíño de Rubiós, participando nunha moenda de millo e elaborando pan no forno de leña da escola.

Todos os alumnos implicáronse moito nesta aprendizaxe que estivo chea de connotacións culturais da nosa terra.

Pola tarde fíxose unha cata de chocolates na escola. Daniel Hughes da fábrica de chocolates Varhona fixo unha cata organoléptica dos mellores chocolates da marca francesa. Todo un privilexio este curso no que participaron todos os alumnos do ciclo de panadería e que completa unha parte moi técnica da nosa formación.

XOVES 17 DE MARZO

A MESA REDONDA  do xoves, estivo  moderada por D. Ernesto Sánchez Salgado, director técnico de CRAEGA. O título foi:  “UNHA ALTERNATIVA GASTRONÓMICA: O ECOLÓXICO” que contou coa participación de 7 empresas da zona:

A Taskatenda (Salvaterra). Luz Álvarez comezou falándonos do seu proxecto gastronómico, unha tenda que vende produto ecolóxico e unha tasca onde comercializa o produto con propostas moi novas e cunha aposta clara pola alimentación sá, ecolóxica, dinámica e nova.

Mel As Neves, Alejandro Martínez fixo de embaixador dun gran produto das Neves e que desde fai xa unha longa traxectoria pertence ao mundo ecolóxico.

Biochousa (Mondariz), invernadoiro de produción ecolóxica. D. Hermindo Álvarez centrou o seu relatorio na presentación dun novo proxecto que nace dunha cooperativa de varios agricultores da comarca e consiste en facer chegar ao consumidor os seus produtos dunha forma rápida e próxima.

– Xurxéns (Mondariz), proxecto moi novo, só 2 anos de vida, nace en Mondariz da man de Marcos Porto e a súa compañeira que atoparon na agricultura ecolóxica unha forma de vida e unha saída profesional.

– O Chef Iván Méndez co seu recén estreado restaurante en Mondariz  Restaurante Búrbidas, falounos da calidade do produto, da importancia de utilizar produto fresco e ecolóxico e da súa proximidade nas propostas gastronómicas do seu restaurante.

Pandarán, D. María Boira, empresaria desta panadería artesá, enfocou o seu relatorio en facer unha reflexión dá importancia que ten o consumidor no emprego de produtos saudables e ecolóxicos posto que favorecen non só a alimentación senón a repercusión ambiental e sustentable.

D.-ERNESTO-SÁNCHEZ-,DIRECTOR-CREAGA

D. ERNESTO SÁNCHEZ ,DIRECTOR CREAGA

 

A estes  eventos estiveron convidados todos aqueles que quixeron visitarnos e participar dos mesmos.

D. Ernesto clausurou o relatorio animando a todos os asistentes, en especial, aos alumnos da nosa escola a que apostasen por crear desenvolvemento rural por medio de pequenas iniciativas de emprendemento que poden ser unha oportunidade social e económica na nosa contorna.

 

Agradecemos a colaboración do Concello e a súa participación.

 

>>Para ver as fotos do evento fai click aquí.<<

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *