Gañador Xantar 2018 premio Gourmet Expourense

/ Febreiro 9, 2018/ Noticias

Santiago Campelo Mariño, alumno da EFA A CANCELA ven de conseguir o premio no concurso Gourmet Expourense. O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez viu á nosa escola no día de hoxe para felicitalo persoalmente por este gran logro.

Aquí deixámosvos a historia contada en primeira persoa por Santiago.:

“Era coñecedor do salón internacional de gastronomía ” Xantar”, pero non do concurso ” Gourmet. Foi un coñecido, Alejandro Martínez Rodríguez, (xerente da cooperativa do Requeixo e Mel de As Neves) quen me animou a participar. Inscribinme no concurso coa idea de obter unha nova experiencia e ir collendo rodaxe no mundo da gastronomía.

Presenteime cun prato chamado “Requeixo, iogur e cítricos”. A idea do meu prato era conseguir diferentes texturas, sabores e equilibrio. Empezando por unha crema de froita da paisón que achegaría unha textura cremosa e un toque cítrico de elaboración, seguida dunha escuma de requeixo das Neves, que lle dará un toque aireado e volume ao prato.

Como textura crocante, crumble, continuando cun biscoito de iogur xogando cunha textura esponxosa e o sabor láctico do iogur.

Para finalizar, uns puntos de iogur xanceda con fiuncho e aceite de arbequina. Como decoración a flor do pensamento e frambuesa liofilizada.

En ningún momento contaba coa idea de gañar xa que estaba a participar con grandes profesionais e eu aínda estou a cursar o 2º curso de Panadería na EFA A CANCELA. Ao día seguinte recibía unha chamada onde me comunicaron que gañara o 1º premio do concurso…quedei moi sorprendido pero tamén moi ilusionado!

Por último e o máis importante é dar as grazas á persoa que fixo posible que obtivese este logro, Alejandro Martínez, xa que sen el non podería haber alcanzado esta meta.

Agradézolle a súa axuda e motivación en todo momento.”

Share this Post