Forum gastronómico e Casa grande de Xanceda… dúas citas que pagan a pena

/ Marzo 14, 2019/ Noticias

A innovación, a modernidad e a calidade alimentaria déronse cita esta semana no Forum Gastronómico, na Coruña.
Durante 3 días houbo máis de 90 actividades e 150 ponentes mostrando propostas de maridajes, produto ou procedementos en torno ao un eixe temático moi concreto: as cociñas do Atlántico.
Os nosos alumnos visitaron a feira na que había representación tamén das cooperativas agrarias e de produtos tan nosos como o requesón ou o mel das Neves.
Por exemplo, no taller de Guille Moscoso coñeceron pezas como a  larpeira, o cornecho, ou a bola de nata, etc. que demouestra o rica que é a nosa cultura do pan.

Aproveitando a visita a Coruña achegámonos tamén á Casa Grande da Xanceda, unha granja ecolóxica onde fan produtos ecolóxicos (queixo, yogures), ecovisitas para nenos e adultos, etc. e recibíronnos cunha degustación de produtos exquisitos
 
 E para os da rama de administración, a visita tivo moito interés polas ideas de autoempleo, emprendimiento, xestión que van aportando os diferentes actores. Para os de panadería e repostería, polo exemplo e o modelo de tantos bos profesionais que fixeron do seu amor pola gastronomía unha profesión de éxito. Cortes de Muar; Ecocelta Galicia; Orballo; Requeixo As Neves e mel.

 

Share this Post