Erasmus+/FCT no estranxeiro

Os programas de mobilidade permiten aos estudantes formarse e facer prácticas noutros países europeos. Estes programas achegan un valor extra á educación, contribuíndo a mellorar o futuro profesional e favorecendo, por tanto, o desenvolvemento persoal.

Ademais de mellorar a formación, pasar un tempo fóra de España e realizar as  prácticas de FP no estranxeiro pode servir tamén para aprender outros idiomas e contactar con empresas e alumnos doutros países. A formación é recoñecida formalmente a través dos sistemas de créditos ECTS e as competencias adquiridas rexístranse no Suplemento Europeo ao Título (Europass) que acredita que se recibiu formación válida a nivel europeo.

IntroducciónErasmus +LigazónsPreguntas Frecuentes

O novo programa da Comisión Europea, chamado “Erasmus for all” ou “Erasmus+”, substitúe todos os programas previos (Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig, Xuventude en Acción, etc.) desde o ano 2014.

A Efa A Cancela posúe a Carta Erasmus+ (ECHE) e  participa en Erasmus+ como socio de envío, para o alumnado dos Ciclos Medios e Ciclo Superior poda realizar a súa FCT no estranxeiro e para o ex alumnado, prácticas extra curriculares dentro do ano posterior á titulación.

A EFA A Cancela ofrece ó seu alumnado a posibilidade de facer a FCT no estranxeiro (e previamente estudar un período previo a todo o aquel que así o desexe), optando por:

ERASMUS+:

  • KA1: Mobilidades (envío): Ciclo Medio, Ciclos Superiores e job shadowing (docentes).

Para saber a cuantía da Beca accede á “Guía do Programa Erasmus+” no apartado “Ligazón/Máis Información”. Podes atopalo a partir da páxina 51.

BECAS DA XUNTA: (Máis información no apartado “Axudas FCT Xunta”).

Ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/

* Ambas Becas son incompatibles.

As coordinadoras dos programas europeos son Mercedes Boado (Administración), Ana Rosa Doval (Dpto. Inglés).  Contacto:publidadefa@gmail.com
Podes amplia-la información nas seguintes webs:

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm

http://www.oapee.es/oapee/inicio/ErasmusPlus.html

A EFA A CANCELA forma parte do Consorcio da Deputación de Pontevedra e participa no Proxecto Practicum Depo 2016/2017 xunto con outros 30 centros educativos da provincia.

O obxectivo deste programa e ofrecer a posibilidade ós nosos alumnos a traballar nunha empresa europea desde durante un período a elexir polo alumno que oscila entre 1 mes e hasta 6 meses. (Unha vez rematada a FCT no 2º curso e dentro do ano seguinte á súa graduación).

Este programa enmárcanse dentro do Erasmus+ e a cuántía das bolsas oscila dependendo do país (Ver máis información nas ligazóns).

Os países onde pode ir o alumno son Reino Unido, Irlanda, Italia, Finlandia, Malta, Portugal, ou Alemania, entre outros.

Ábrese o período de inscrición para todos aqueles interesados en beneficiarse deste proxecto.

Requisitos para participar:

– Ter finalizado e aprobado un Ciclo Medio (Xestión Administrativa ou Panadería no caso do noso centro).

– Ter un coñecemento acreditado na lingua do país de destino ou se nón é o caso compremeterse a realizar un curso gratuito na plataforma lingüística de Erasmus+.

Baremo para a selección de alumnado:

  1. Adecuación da titulación e do perfil (30%)
  2. Nivel de coñecemento do idioma requirido (20%)
  3. Expediente académico (20%)
  4. Méritos (10%)
  5. Entrevista persoal (20%)

Documentos para descargar:

  1. Folla de inscrición para a participación no programa Practicum Depo. (Debes descargala, por os teus datos e escaneala e enviala a publicidadefa@gmail.com ou entregala no noso centro) Descargar aquí.
  2. Convocatoria para entrevista persoal >> Luns 8 de maio de 2017 ás 15:45 na sala de xuntas da EFA A CANCELA
  3. Relación de alumnos admitidos/excluídos e suplentes

Máis información:
Documentos Legais:

  1. * Carta Erasmus: descargala aqui.
  2. * Erasmus Policy Statement: descargala aquí.

Relación de alumnado admitido Erasmus 2017

O período de prácticas en empresas abrangue o derradeiro trimestre do segundo curso en todos os ciclos. Tamén pode facerse de setembro a decembro ou de xaneiro a marzo. Permite completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título, adquirir unha madureza que permita adaptarse aos cambios das necesidades de cualificación e para a aprendizaxe ao longo da vida, completar coñecementos relacionados coa profesión coa finalidade de facilitar a inserción laboral e tamén avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da profesión e requiridos no emprego que non poidan verificarse no centro por esixir situacións reais de traballo.

Este módulo pode cursarse en España ou no estranxeiro. As empresas deberán permitir que o alumno acade a consecución dos obxectivos establecidos para este módulo no currículo do ciclo mediante as actividades formativas establecidas no plan individualizado. Este período de formación non supón unha vinculación laboral dos alumnos coa empresa ó tratarse de estudantes e non de traballadores con contrato de traballo.

Axudas económicas.

A Xunta de Galicia concede cada ano unha contía económica para aquel alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria. O mesmo sucede no caso de que se fagan prácticas no estranxeiro mediante un programa Erasmus+. (Ver sección Erasmus+).

Podes acceder á última convocatoria para ampliar toda a información relacionada con estas axudas, accedendo ó DOGA nº 91 de 18 de maio de 2015 ou descargando o PDF neste enlace.

“Orde do 4 de maio de 2015 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza a formación en Centros de Traballo”.

  1. ¿Pódese realizar a FCT no estranxeiro sen gozar dunha bolsa Erasmus+?

Si. Tanto a Consellaría de Educación como o Ministerio de Educación conceden axudas para este fin. Ambas cóbranse despois do período de prácticas. As bolsas Erasmus+ son as únicas que se cobran por adiantado, en concreto o 80 % do importe.

  1. ¿Pódense realizar prácticas no estranxeiro despois de finalizar o ciclo?

Si, no período dun ano desde a data da avaliación final. Neste caso as prácticas son extra curriculares (non se trata da FCT) e o seguro da Consellaría de Educación non as cobre. Na asignación destas prazas terá prioridade o alumnado que non fixese a FCT con bolsa Erasmus+.

  1. ¿Pódense realizar prácticas non curriculares no estranxeiro antes de finalizar o ciclo?

Si, por exemplo no verán despois de finalizar o primeiro curso dun ciclo. Neste caso as prácticas son extra curriculares (non se trata da FCT) e o seguro da Consellaría de Educación non as cobre. A asignación destas prazas está condicionada a que non as soliciten outros alumnos para faceren a FCT. Atenderanse ós ”Criterios de Selección” publicados.

  1. ¿Cales son os seguros e as coberturas?

O alumnado que realiza a FCT está cuberto por un seguro da Consellaría de Educación, para accidentes e responsabilidade civil no posto de traballo.

É obrigatorio viaxar coa Tarxeta Sanitaria Europea para o caso de doenza.

Este alumnado pode contratar pola súa conta un seguro privado adicional que cubra estas e outras continxencias fóra do posto de traballo.

  1. ¿Hai límite de idade ou incompatibilidades?

Non.

  1. ¿É importante que o meu titor ou titora saiba que teño interese en realizar a FCT no estranxeiro?

Si.

  1. ¿Podo realizar a FCT en calquera destino?

O centro propón Erasmus+ como continuación do ensino en inglés algún país de fala inglesa.

En relación ó CM de Panadería podería ser Francia debido á ligazón co sector.

Poderíase consultar a posibilidade de realizala noutros destinos, para o que é imprescindible ter unha competencia aceptable na lingua propia do país en cuestión. Para valorar esta competencia farase un exame escrito e oral de lingua estranxeira.

  1. ¿Cando se solicita?

As convocatorias publícanse no apartado Erasmus+/ FCT no estranxeiro da nosa web.

As próximas serán:

  • Para o alumnado de ensino ordinario: convocatoria no mes de outubro de 2015, para realizaren a FCT en primavera de 2016.
  • *O MECD ten as súa propia convocatoria para Ciclos Superiores, en primavera de 2016, para realizar as prácticas durante o ano escolar 2016-2017.
  1. ¿Cando se sabe se es seleccionado/a?

No caso de haber menos solicitudes que prazas: cando finalice o prazo de solicitude.

No caso de haber máis solicitudes que prazas: pouco antes de realizar a FCT farase unha proba de lingua estranxeira. Despois ordénanse segundo os “Criterios de Selección” e publícase a lista de seleccionados. Ata a data de avaliación non é posible saber quen foi seleccionado/a con certeza.

  1. ¿Erasmus+ inclúe algún tipo de curso de idiomas no país de destino?

Na nosa escola realizaremos cursos de formación lingüística para os alumnos Erasmus ou poden beneficiarse tamén da Plataforma de Preparación Lingüística en Liña. (OLS)

Toda    a    información    está    dispoñible    en http://www.sepie.es/formacion-profesional/ols.html#contido

  1. ¿A formación lingüística en orixe é só para o alumnado seleccionado?

Non, é para todos os solicitantes de bolsa Erasmus+. Normalmente realízase durante o ano académico, antes da selección de participantes. Para certas linguas existe unha aplicación en liña para a aprendizaxe de linguas (OLS) que substitúe o curso presencial.

  1. ¿Cal é o papel da EFA A CANCELA?

O centro desempeña o papel de socio de envío: selección de participantes, preparación lingüística e cultural en orixe, xestión da FCT, titoría, certificación mediante Europass Mobility, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.

Contamos con socios intermediarios coas seguintes funcións: axuda na organización do aloxamento, recepción, selección de empresas, seguimento e atención a participantes, información a titores, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.

A viaxe é xestionada polo propio alumnado.

  1. ¿Cales son as contías das axudas?

A Axencia Nacional (SEPIE) publica cada ano na Convocatoria Nacional a contía das axudas incluídas dentro do programa Erasmus procedentes do financiamento da  Comisión  Europea.  Podes  consultar  esta información na páxina  web da axencia nacional (SEPIE):

http://www.oapee.es/oapee/inicio/pap/erasmus.html

Tamén máis información na Guía do programa Erasmus+ en (“Ligazóns/ Máis Información”) a partir da páxina 51.

A axuda Erasmus é compatible con calquera outro tipo de axuda ou bolsa procedente de fondos non comunitarios (UE). Polo tanto SÍ é compatible coa Beca do Ministerio xa que é a nivel comunitario.

Todas estas axudas son para pagar a viaxe, a manutención e aloxamento.

*Os importes poden variar en calquera momento.

  1. ¿Canto dura a mobilidade?

As prácticas en empresa duran exactamente 11 semanas. Pódese viaxar uns días antes do inicio e regresar uns días despois do fin.

  1. ¿Podo volverme atrás en calquera momento?

É posible renunciar á praza pero hai que tentar evitalo porque pode ser prexudicial para outros candidatos. Quen teña unha praza asignada e non poida desfrutala (por renuncia, por suspender, etc.) e queira solicitala de novo noutra convocatoria, pasará ao final da lista.
Se durante a realización da FCT alguén abandona, ten que devolver o diñeiro da bolsa.

  1. ¿Qué documentos teño que asinar?

Deberás asinar:

  • Antes da mobilidade:
  • Convenio de Subvención, no que se inclúen as condicións do contrato.
  • Acordo de Prácticas, formado polo Acordo de Formación e o Compromiso de Calidade para as prácticas de estudantes Erasmus.
  • Trala mobilidade:
  • Informe Final do estudante
  1. ¿Qué documentos teño que cumprimentar?
    É obrigatorio que cumprimentes, asines e entregues o Informe Final a túa institución nos 30 días posteriores á finalización da mobilidade, conforme ó modelo do Anexo III do Convenio de Subvención de mobilidade de estudantes para prácticas en
    Ademais, previamente á mobilidade, deberás asinar o convenio de formación e o Acordo de prácticas. É imprescindible que estes documentos estean asinados antes da realización das prácticas.

 

Teño outras dúbidas. ¿A quen podo preguntar?

Podes escribir un email a publicidadefa@gmail.com

Máis información sobre o curso

A túa dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos con * son Obrigatorios

Please leave this field empty.

Outros cursos: