CS Administración e Finanzas

CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

Este Ciclo da rama administrativa é un dos perfís máis demandados polas empresas, segundo os datos do SEPE, é o Ciclo con maior número de contratacións.

Os alumnos/as que obteñen este título poderán traballar en todo tipo de empresas, sexan grandes, medianas ou pequenas, en calquera sector de actividade, normalmente  no de servizos, así coma administracións públicas. Nestas empresas ou administracións desempeñarán as tarefas administrativas de xestión e de asesoramento nas áreas laboral, comercial, contable e fiscal.

Tamén poderán traballar por conta propia, e montar a súa propia empresa, polo que en segundo curso teñen que deseñar un proxecto de empresa.

Título: TÉCNICO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS. Inclúe Curso Cambridge (B1-Preliminary).

Na EFA A Cancela ofrecemos unha formación diferente:

  • Metodoloxía Empresa-Aula.

Pilar básico das EFAs desde o seu inicio, é un innovador proceso de aprendizaxe activa, no cal o alumno conta con períodos de formación na empresa desde o primeiro trimestre do primeiro curso,  ALTERNACIA EDUCATIVA, facilitando a asimilación dos coñecementos teóricos, a motivación polo traballo e a súa posterior inserción laboral.

Isto segue a liña da filosofía dual que tan bos resultados está xerando para a futura inserción laboral.

  • Bolsa de traballo. Máis de 300 empresarios e profesionais participan na formación do noso alumnado en cada curso con visitas, cursos ou no acontecemento anual Semana Gastrocultural.  A escola conta cunha bolsa de traballo viva e en constante actualización para alcanzar o gran índice de inserción laboral con que contamos na nosa escola.
  • Titorías personalizadas. Un dos pilares como centro educativo está no sistema de seguimento personalizado do que dispón o alumno durante a súa estancia na escola.
  • Protocolo empresarial e social: Formación en ética profesional e valores.
  • Diversidade de actividades no ciclo:
    • Visitas a empresas e administracións públicas: Porto de Vigo, Inditex, Sylazel, Congreso de deputados e IBM en Madrid, Parlamento de Galicia e Deputación, entre moitas outras.
    • Conferencias ou sesións formativas de empresarios ou especialistas: profesionais da banca e de seguros, fomento do emprendemento, …
    • Viaxe anual nacional ou estranxeiro: Londres, Dublín, Berlín, Bruxelas…
    • DEPOEMPRENDE. Premio da Deputación ao mellor proxecto de final de Ciclo na provincia de Pontevedra. A EFA A CANCELA recibiu o premio no curso 2018/2019.

Acceso directo:

  • Estar en posesión do Título de Bacharel, ou dun certificado acreditativo de superar todas as materias do Bacharelato.
  • Estar en posesión do Título de Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).
  • Superar o segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato experimental.
  • Estar en posesión dun Título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio)*.

 

Acceso mediante proba (para quen non cumple algún dos requisitos anteriores):

  • Superar a proba de acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior (requírese ter, polo menos, 19 anos) ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

2000 horas.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo son os seguintes:

Módulos 1º ano:

  • Inglés
  • Xestión da documentación xurídica e empresarial
  • Recursos Humanos e responsabilidade social corporativa
  • Ofimática e proceso de información
  • Proceso integral da actividade comercial
  • Comunicación e atención á clientela
  • Formación e orientación laboral

Módulos 2º ano:

  • Xestión de recursos humanos
  • Xestión financeira
  • Contabilidade e fiscalidade
  • Xestión loxística e comercial
  • Simulación empresarial
  • Proxecto de administración e finanzas
  • FCT ( Prácticas na empresa: 380 horas)

Que se aprende:

  • Tramitar documentos ou comunicacións internas ou externas nos circuítos de información da empresa.
  • Clasificar, rexistrar e arquivar comunicacións e documentos segundo as técnicas apropiadas e os parámetros establecidos na empresa.
  • Xestionar os procesos de tramitación administrativa empresarial en relación ás áreas comercial, financeira, contable e fiscal, cunha visión integradora das mesmas.
  • Supervisar a xestión de tesourería, a captación de recursos financeiros e o estudo de viabilidade de proxectos de investimento, seguindo as normas e protocolos establecidos.
  • Tramitar e realizar a xestión administrativa na presentación de documentos en diferentes organismos e administracións públicas en prazo e forma requiridos.

Ao finalizar o Ciclo poderase traballar como:

  • Administrativo de oficina.
  • Administrativo comercial.
  • Administrativo financeiro.
  • Administrativo contable.
  • Administrativo de loxística.
  • Administrativo de banca e de seguros.
  • Administrativo de recursos humanos.
  • Administrativo da Administración pública.
  • Administrativo de asesorías xurídicas, contables, laborais, fiscais ou xestorías.
  • Técnico en xestión de cobros.
  • Responsable de atención ao cliente.

 

Ou seguir estudando:

  • Cursos de especialización profesional.
  • Outro Ciclo de Formación Profesional coa posibilidade de establecer convalidacións de módulos profesionais de acordo á normativa vixente.
  • Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias de opción do bloque das troncais).
  • Ensinos Universitarios coa posibilidade de establecer convalidacións dacordo coa normativa vixente.

Na Escola ofrecemos aos nosos alumnos a oportunidade de aprender idiomas de diversas formas:

  1. Poderase acadar simultaneamente ó Ciclo que realices, o nivel B1 (Preliminary) ou B2 (First) en INGLÉS pola universidade de Cambridge.
  2. Terase a posibilidade mediante o programa Erasmus+ ou Galeuropa de poder realizar prácticas no estranxeiro. Poderase elixir entre Reino Unido, Italia, Irlanda, Portugal, Bélxica ou Alemaña entre outros.
  3. Máis información nas seccións “Cambridge” e “Proxectos Europeos”.

De marzo a xuño do 2º ano do ciclo o alumno realizará as prácticas laborais nunha empresa do sector, é a coñecida como FCT (Formación en Centros de Traballo).

Contamos cunha rede de máis de 250 empresas:

 
 

BALNEARIO DE MONDARIZ, S.A.

MASCATO SALVATERRA, S.L.

GARAJE PUENTEAREAS, S.L.

ASERGALICIA PONTEAREAS, S.L.

GESTORÍA REPRESAS, S.L.

Mª JOSÉ LOSADA PÉREZ

RAFAEL VICENTE LOSADA

LEDISSON A&IT, S.L.

INSERIMOS ENERGIA, S.L.

DON DISFRAZ DE GALICIA, S.L.

ASESORÍA VIÑAS & BREA, S.L.

CONCELLO DE PONTEAREAS

VIZA AUTOMOCIÓN, S.A.

SEGURIDAD MAR, S.L.

CONCELLO DE AS NEVES

GRANITOS MORGADANES, S.L.

ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A.

ONLINE MARKETING FACTORY, S.L.

EURO CKP, S.A.

DUATEL ASESORAMIENTO DE TELECOMUNICACIONES, S.L.

PANELSHIP, S.L.

ASESORES DO BAIXO MIÑO, S.L.

MADERAS GERMÁN FUENTES PORTO E HIJOS, S.L.

ASERCO RESAL, S.C.

ATMÓSFERA PONTEAREAS, S.L.U.

CERRAJERÍA MANOLO, S.L.

STAR, S.L.

DARLIM, S.L.

RESIDENCIA PAZ Y BIEN

ASESBES, S.C.

ELECTRICIDAD BIMCA, S.L.

GRANICHAN, S.L.

GRANJA LOS ROSALES, S.L.

GRUPO EMPRESAS TABOEXA, S.L.U.

ATC TORREALDAY GALICIA, S.L.

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

CERRAJERÍA GÓMEZ Y GÓMEZ, S.L.

ASERCO SALCEDA, S.C.

CONCELLO DE TUI

A COCIÑA DE LUMAI, S.L.

BLOKDEGAL, S.A.

GEFCO ESPAÑA, S.A.

ASESORES TÉCNICOS MERCANTILES, S.L.

CONCELLO DE PORRIÑO

ASELIC VIGO, S.L.

XESTIÓN TUI, S.L.

DATAPHONE GLOBAL, S.A.

ELECTRODOMÉSTICOS RIAL, S.L.

ASESORÍA, XESTORÍA E SERVICIOS DA PARADANTA, S.L.

ASERCO PONTEAREAS, CB

ARELA ASESORES, S.L.

FUNDACIÓN CTAG

TRANSPORTES MANUEL CID DÍAZ, S.L.

BSH ELECTRODOMÉSTICOS ESPAÑA, S.A.

COPISTERÍA LEDO, CB

MUNDICOPIAS

ALFESO, S.L.

DOUS COPIART, S.L.

MENSAXERÍA URXENTE PORR EXPRESS, S.L.

TALGRUTRANS, S.L.U.

INDUSTRIAS CÉSPEDES E HIJOS, S.L.

BODEGAS EIDOSELA, SCG

Mª ISOLINA GONZÁLEZ GONZÁLEZ

MAQUINARIA LANO, S.L.

BIMCA, S.L.

COVELO RIEGOS, S.L.

FEDERACIÓN GALEGA DE BADMINTON

NEUMÁTICOS KAUMAN, S.A.

CONCELLO DE SALVATERRA

SEGURPINO, S.C.

DOUS TRAZOS, S.L.

SARA MARIÑO GONZÁLEZ

VARELA GARCÍA RAMOS, S.L.

AS NEVES TALLERES DE REPARACIÓN, S.L.

COPISTERÍA LEDO, C.B.

GESTORÍA MERA

SERMIÑO, S.A.

CONCELLO DE ARBO

SEÑORÍO DE RUBIÓS, S.L.

SERFIS ASESORÍA E XESTIÓN, S.L.

MANUEL GARCÍA ARAÚJO, S.L.

INDUSTRIAS CÁRNICAS FONTEFRÍA, S.L.

ABRIL PUBLICIDAD

Se desexa máis información, cumprimente o seguinte formulario

Nome
Teléfono
Correo electrónico
Xestión administrativaPanadería, respostería e confitaríaCoidados auxiliares de enfermeríaEducación infantilAdministración e finanzasErasmusManipulación de alimentos
Observacións

Ao pulsar o botón “ENVIAR” declaro que lin a información e estou conforme co tratamento dos meus datos persoais.
Si, autorizo que me envíen información comercial de EFA A Cancela

Información básica Protección de Datos Reglamento (UE) 2016/679
Responsable do tratamento: Asociación EFA A Cancela
Finalidade: Contestar solicitudes enviadas desde a web.
Lexitimación: Consentimento expreso do interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros que se detallan na información adicional.
Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos, na nosa web: http://efaacancela.com/aviso-legal/