PRÁCTICAS EN ESPAÑA E NO ESTRANXEIRO

O período de prácticas en empresas abrangue o derradeiro trimestre do segundo curso en todos os nosos ciclos. Tamén pode facerse de setembro a decembro ou de xaneiro a marzo. Permite:

  • completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título
  • adquirir a madurez precisa para adaptarse aos cambios das necesidades de cualificación e para a aprendizaxe ao longo da vida
  • completar coñecementos relacionados coa profesión coa finalidade de facilitar a inserción laboral
  • e tamén avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da profesión e requiridos no emprego que non poidan verificarse no centro por esixir situacións reais de traballo.

Este módulo pode cursarse en España ou no estranxeiro.

As empresas nas que fan as prácticas os alumnos deberán permitir e facilitarlle a consecución dos obxectivos establecidos para este módulo no currículo do ciclo, mediante as actividades formativas establecidas no plan individualizado.

Este período de formación non supón unha vinculación laboral dos alumnos coa empresa ó tratarse de estudantes e non de traballadores con contrato de traballo.

 

AXUDAS ECONÓMICAS

A Xunta de Galicia concede cada ano unha contía económica para aquel alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria.

O mesmo sucede no caso de que se fagan prácticas no estranxeiro mediante un programa Erasmus+. Neste caso a axuda provén de fondos europeos.

A Cancela ten concedida a Carta Erasmus, acreditación europea que permite tanto ao alumnado como ao profesorado participar en proxectos de mobilidade para a formación, e prácticas en países da Unión Europea coa finalidade de acadar as mellores competencias profesionais.

 

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

As empresas que colaboran con nós neste curso son:

RAMA ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN:

  • Allianz
  • Asergalicia, Rodríguez Balboa Asociados
  • Asesoría Viñas & Brea
  • Balneario de Mondariz
  • Don Disfraz de Galicia
  • Garaje Puenteareas
  • Gestoría Represas
  • Inserimos Energía
  • Ledisson Automation & IT
  • Mascato Salvaterra
  • Oficina Araujo, Mª José Losada Pérez
  • Viza Automoción

RAMA INDUSTRIA ALIMENTARIA:

  • Asociación Círculos de Empresarios de Galicia-CFV
  • Balneario  de  Mondariz
  • Confitería Porriño
  • Confitería Regino
  • Eirado da Leña
  • El Trigal Celta
  • Grupo Sémola
  • La Bulanxeri
  • Panadería, Pastelería Camiño Novo
  • Restaurante Atafona
  • Restaurante Búrbidas, Iván Méndez Álvarez

RAMA INDUSTRIAS ALIMENTARIAS:

RAMA ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN: