Obradoiros

No Centro de Formación Profesional EFA A Cancela organízanse obradoiros do pan para nenos de educación infantil e primaria.

ObxectivosContidosMáis información
No obradoiro do pan temos como finalidade dar a coñecer tanto o oficio como o proceso de elaboración do pan, así como dar a coñecer a importancia deste alimento básico na nosa alimentación, o coñecemento dos ingredientes dos que está composto e, o máis importante, que disfruten coas mans na masa.
Duración: 2 a 3 horas
Acceso: nenos de educación infantil e primaria
Podemos combinar 2 grupos por día pertencentes ao mesmo centro educativo.
Mentres un grupo está no obradoiro o outro visitará a exposición sobre a Historia do Pan, coa explicación por parte dunha profesora da escola.
Tamén poden dispor do salón de actos para proxectar algunha película, vídeo.. ou facilitamos a opción de xestionar un muíño* da zona para ver o proceso da moenda do millo.
No momento do descanso, estarán os dous grupos xuntos e non será preciso traer da casa merenda, posto que a nosa escola prepara unha cos produtos feitos no ciclo de pastelería.
Ó rematar os nenos levarán para casa os produtos que elaboren.
RESERVA:
Pedir información no departamento de Pastelería e Panadería.
*Preguntar no centro como facer a xestión da visita ó muíño.
Cada grupo contará cun máximo de 25 alumnos por obradoiro e un mínimo de 15 alumnos.  Máximo 2 obradoiros por día.

Horario do obradoiro:

1º grupo (25 alumnos): De 10:00 a 11:00
DESCANSO: 11:00 a 11:30
2º grupo (25 alumnos): De 11:30 a 12:30

Prezo da actividade:

O prezo por obradoiro (25 alumnos máx – 15 alumnos mín) é de 5 euros por cada neno.

Máis información sobre o curso

A túa dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos con * son Obrigatorios

Please leave this field empty.

Outros cursos: