Exames Cambridge

Cambridge English Examinations

Cambridge English Examinations

Ano tras ano máis de 5 millóns de persoas de máis de 140 países preséntanse aos exames de Cambridge de Inglés como lingua extranxeira.

Os exames de Cambridge ESOL (English for Speakers of Other Languages) contan co  recoñecemento de empresas, universidades, autoridades educativas e axencias gubernamentais en casi todo o mundo.

Falar inglés é de cada vez máis necesario no mundo laboral debido a expansión das empresas por todo o mundo grazas a Internet. Para moitas empresas é imprescindible que os seus traballadores dominen este idioma estranxeiro. Un traballador que dispoña dunha Certificación Oficial pola Universidade de Cambridge, disporá dun documento que acreditará o seu dominio do inglés.

Na Efa ofrecemos a preparación para os niveis B1 e B2, sen custo adicional para os alumnos dos Ciclos de Administración.

Preliminary (B1)FIRST (B2)Horarios e prezosConvocatoria á examePreguntas frecuentesEnlaces de interese

O ‘Preliminary English Test’ (PET) de Cambridge ESOL é un exame de nivel intermedio inferior para estudantes de inglés, ao que se presentan cada ano máis de 70.000 persoas, en máis de 80 países.

O B1 é o 2º nivel da gama principal de exames de Cambridge ESOL, que avalían os coñecementos de inglés xeral desde un nivel principiante ata avanzado. Un aprobado no nivel 2 indica que o estudante desenvolveu as destrezas lingüísticas necesarias para desenvolverse en situacións sociais e laborais correntes, nunha contorna de fala inglesa.

Contido

Componse de tres probas : Lectura e Expresión escrita, Comprensión auditiva e Expresión oral.

A proba de Lectura e Expresión Escrita constitúe un 50% da nota final, mentres as de comprensión auditiva e expresión oral constitúen cada unha un 25%.

Paper 1: Reading / Writing

  • Duración: 1 hora e 30 minutos
  • Contido:
  • 5 exercicios variados de comprensión.
  • 1 exercicio de transformación de frases, 1 exercicio de escritura guiada e unha redacción de 100 palabras.
  • Puntuación: 35 puntos/ 25 puntos.
  • Valoración: 25% do total/ 25% do total.

Paper 2: Listening

  • Duración: 35 minutos aproximadamente.
  • Contido: Preguntas de comprensión oral sobre a audición de 4 textos ou extractos curtos.
  • Puntuación: 25 puntos.
  • Valoración: 25% do total.

Paper 3: Speaking

  • Duración: de 10 a 12 minutos.
  • Contido: A entrevista será por parellas (2 candidatos / 2 examinadores) e terá catro partes:
  • Os candidatos contestarán a preguntas sobre os seus datos persoais.
  • Descrición e comentarios sobre unha fotografía.
  • Interacción dos candidatos para a resolución dun problema.
  • Discusión sobre temas relacionados coa parte C.
  • Puntuación: 30 puntos.
  • Valoración: 25% do total.

 

O ‘First Certificate in English’ (FCE) de Cambridge ESOL é un exame de nivel intermedio superior para estudantes de inglés, ao que se presentan cada ano máis de duascentas cincuenta mil persoas, en máis de 100 países.

O B2 é o 3º nivel da gama principal de exames de Cambridge ESOL, que avalían os coñecementos de inglés xeral desde un nivel principiante ata avanzado. Neste nivel, os estudantes han de ser capaces de traballar ou estudar nunha contorna de fala inglesa e desenvolverse comodamente como turistas nun país de fala inglesa, aínda que poidan experimentar algunha dificultade á hora de desenvolverse en situacións pouco correntes e manexar vocabulario técnico.

NOVO  CAMBRIDGE ENGLISH: FIRST 2015      

O exame de First modifícase en xaneiro 2015. Os cambios farán que o exame sexa máis apropiado para fins académicos e laborais, ademais de ser máis atractivo para o candidato xa que será de menos duración.

Paper 1: Reading and Use of English 

  • Duración: 1 hora 15 minutos.
  • Contido: 52 preguntas, baseadas en textos e divididas en sete partes.

      As partes 1 – 4 esixen que o candidato encha espazos en branco dentro do texto:

                        Part 1: Multiple choice – céntrase no vocabulario

                        Part 2: Open cloze – control da gramática e do vocabulario

                        Part 3: Word formation – a partir de palabras sinaladas

                        Part 4: Key word transformation

As partes 5 – 7 céntranse na comprensión lectora:

     Part 5: Multiple choice – comprensión do detalle, tono, actitude, propósito.

                        Part 6: Gapped text – colocación de frases

                        Part 7: Multiple –matching de preguntas a texto

  • Valoración: 40%

  Paper 2: Writing

  • Duración: 1 hora 20 minutos.
  • Contido:
  • Tarefa obrigatoria de 140 – 190 palabras baseada nun texto e con instrucións para facer una redacción valorando as ideas, contrastando opinións para chegar a unha conclusión.
  • Desenvolver en 140 – 190 palabras un tema, a elexir entre tres opcións: un artículo / un correo electrónico informal ou unha carta informal / un correo electrónico formal ou unha carta formal / un ensaio / un informe

* Xa non existe unha tarefa baseada na lectura dun libro específico.

  • Valoración: 20%

  Paper 3: Listening

  •  Duración: 40 minutos aproximadamente
  •  Contenido: 30 preguntas baseadas na audición de grabacións divididas en catro partes, para ordenar e/o completar información, responder a preguntas tipo test, selección de respostas (multiple-matching) e identificar opinións ou  actitudes.
  •  Valoración: 20%

   Paper 4: Speaking

  •  Duración: 14 minutos
  •  Contido:  A entrevista será por parellas (dous candidatos / dous examinadores) e tendrá catro partes:

o   Presentación dos candidatos

o   Descripción e comentarios sobre unha fotografía ou material visual (1 minuto).

o   Interacción dos candidatos para a resolución dun problema.

o   Discusión sobre temas relacionados coa parte C.

  • Valoración: 20%
  • As clases de preparación para o nivel B1 (Preliminary) serán:
  • Xoves
  • De 15:30 a 17:30
  • As clases de preparación para o nivel B2 (First) serán:
  • Mércores
  • De 16:00 a 18:00
  • O prezo mensual do B1 por 2 horas de preparación semanais é:
  • Ex alumnos e socios: 20€
  • Externos ao centro: 25€
  • O prezo mensual do B2 por 2 horas de preparación semanais é:
  • Ex alumnos e socios: 25€
  • Externos ao centro: 30€
Lugar do exame: Realizase na Asociación Rosalía de Castro

Estrada de Bembrive 91 – 36214 Vigo

Teléfono: 986 420 433 | Fax: 986 420 677

Convocatorias de exame: Tanto do B1 coma do B2 hai varias convocatorias de exame (novembro, maio, xuño…)

Inscricións para o exame: Ana (Departamento de Inglés)

Duración do curso preparatorio: De outubro ata marzo (primeira convocatoria). Ata maio quen queira continuar na convocatoria de xuño.

Visita este enlace para ver a convocatoria de exames deste ano:

http://escolarosaliadecastro.edu.es/index.php?option=com_cambridge&task=calendario&Itemid=212&lang=gl

Acceso: O primeiro día farase unha proba de nivel, pero non é excluínte.

  • ¿Cando podo matricularme? Só nos períodos establecidos antes de cada unha das convocatorias; será aproximadamente 2 meses antes da celebración do exame se é de forma tradicional (Paper- based) ou ata 10 días antes se é un exame por computador (Computer-based).
  • ¿Cando saberei as datas e o lugar no que realizarei o exame para o que me matriculei? Aproximadamente 3 semanas antes da realización do exame enviaráselle un e-mail facilitando toda a información na súa “Confirmation of Entry” datas, horarios, lugar así como as claves para consultar os seus resultados a través de Internet e as normas para a realización do exame. Se non recibiu esta información 2 semanas antes da data do exame, póñase en contacto con Asociación Escola Rosalía de Castro urxentemente.
  • ¿Que debo levar ao exame? A folla “Confirmation of Entry”, DNI ou pasaporte, lapis, goma de borrar e bolígrafo.
  • ¿Podo cambiar a data do meu exame? As datas están fixadas pola Universidade de Cambridge e son inamovibles.
  • ¿Co importe dunha convocatoria podo presentarme na seguinte? ¿E se non realizo o exame? O importe correspondente aos dereitos de exame é exclusivo para unha convocatoria, independentemente de se se realiza o exame ou non.
  • ¿Cando saberei os resultados do exame? No correo electrónico no que se lle facilitan os datos para a realización do exame, tamén se inclúe unha folla coas súas claves para consultar os resultados por Internet.
  • ¿Cando recibirei o certificado no caso de aprobar o exame? Notificaráselle por e-mail en canto recíbanse desde Cambridge. O prazo aproximado é de 2 meses desde a publicación das notas. Poderá recoller o seu certificado no noso centro ó autorizarlle a outra persoa que o faga presentando o seu DNI.
  • ¿E se perdo o certificado orixinal? Cambridge ESOL non adoita emitir copias dos seus certificados por iso debe gardalo con coidado. Pero si se pode solicitar un documento que certifica o nivel, grao e ano previo pago dunhas Poderá descargar o impreso de solicitude da páxina web: www.cambridgeesol.org
  • ¿Se non aprobo o exame a cantas máis convocatorias pódome presentar? Pode presentarse tantas veces como desexe, pero para cada unha delas deberá abonar a correspondente matrícula.
  • ¿Se non aprobo o exame, teño dereito a unha revisión? Non existe a posibilidade de ver o exame aínda que si pode solicitar unha revisión do mesmo. Trátase dun proceso independente da matrícula, polo que se deberán abonar unhas taxas suplementarias.
  • ¿Hai unha idade mínima para realizar os exames? Non para os exames de KET, PET, FCE, CAE ou CPE, pero algún dos temas que poden aparecer requiren certo grao de madurez. As probas de YLE si que teñen unha idade mínima e máxima (son para nenos de entre 7 e 12 anos) así como KET for Schools e PET for Schools (para mozos entre 12 e 14 anos).
  • ¿É necesario aprobar o nivel anterior para presentarme ao exame que me interesa? Non. Cada exame de Cambridge ESOL é independente e podes presentarche a calquera exame -con tal de que teñas o nivel!
  • Teño problemas de audición, ¿ Cambridge terao en consideración? Calquera candidato cunha discapacidade (de audición, vista, motricidad etc.) debe chamar á Asociación Escola Rosalía de Castro antes de efectuar a súa matrícula para que podamos valorar a súa situación e xestionar as medidas especiais necesarias.

Máis información sobre o curso

A túa dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos con * son Obrigatorios

Please leave this field empty.

Outros cursos: