Coaching

A formación na EFA é integral e efectiva, tanto a nivel persoal como profesional, é dicir, preparamos ao alumno para o mundo do traballo.

Axudamos aos alumnos, mediante as titorías, de grupo e persoais, a obter resultados extraordinarios na vida, profesión, empresa ou negocios. Mediante o proceso de coaching, o alumno afonda no seu coñecemento, aumenta o seu rendemento e mellora a súa calidade de vida.

Traballamos a través de diferentes métodos. Algúns dos temas empregados nas sesións son:

Ética profesional e formación en valores

  • Puntualidade.
  • Relación cos demais.
  • Iniciativa.
  • Predisposición.
  • Falar en publico.
  • Imaxe persoal e traballo (vestimenta, hixiene).
  • O uso do teléfono móbil no traballo.
  • Motivación e automotivación.
  • Colaboración e participación á hora de resolver conflitos (traballo en equipo)
  • A confidencialidade
  • A atención ao público (cliente ou calquera persoa que chegue á empresa).
  • Evitar e resolver conflitos. A negociación.
  • O compromiso coa empresa.

Coa axuda dos titores conseguirás respostas ás túas preguntas:

  1. Sabes onde queres enfocar a túa carreira profesional?
  2. Tés algún reto que non sabes cómo afrontar?
  3. Sénteste incomprendido ou desmotivado?
  4. Queres desenvolver algunha habilidade en non sabes cómo?
  5. Tés malos hábitos que che están a impedir sacarlle partido a todo o teu potencial?
  6. Sénteste incomodo falando en público, en clase ou en círculos amplos de amigos?
  7. Tés medo de que algo saia mal?
  8. Pasas da alegría á tristura ou do amor ao odio ou a rabia sen poder controlarte?
  9. Sabes en que es moi bo e en qué tes que mellorar?
  10. Tés problemas na casa, nos estudos, cos teus amigos o coa túa parella?
Responsabilízate do que queres e das túas accións e comeza a traballar para descubrir ata onde podes chegar.

Máis información sobre o curso

A túa dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos con * son Obrigatorios

Please leave this field empty.

Outros cursos: