Ferramentas para potenciar o turismo e a gastronomía do noso entorno mediante o emprendemento

A directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Dona Marta Fernández con ampla experiencia no turismo e especialista en enoloxía, centrou a súa ponencia no POSICIONAMENTO DO PRODUTO, sabendo que hoxe en día non chega con ter un bo produto, hai que saber vendelo, por isto se está empregando moito o turismo gastronómico experimental.
A idea deste proxecto é que se queremos visitar unha adega para probar os seus viños, participaremos tamén de todo o proceso da vendima e todo isto pode ser levado a varios dos atractivos turísticos cos que contamos no Condado A Paradanta como son: A Ruta da Lamprea, A Ruta dos Viños, Experiencias Termais…

Toda a súa ponecia serviunos para valorar as nosas tendencias turísticas do entorno, levando a cabo proxectos futuros de emprendemento cos nosos alumnos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *