Exposición de proxectos finais de Ciclo no C.S. de Administración e Finanzas

/ Xuño 23, 2019/ Noticias

Con este acto de presentación ante o profesorado encargado de avaliar os seus traballos de investigación ponse fin ó seu periodo de formación na EFA A Cancela.
Na presentación destes proxectos finais de ciclo abordáronse tres bloques de contido:
  • Estudo dos sectores produtivos
  • Oportunidades de autoemprego que existen tendo en conta o estudo anterior
  • Valoración do traballo por conta allea e da súa experiencia na empresa

Iníciase agora unha nova etapa na vida profesional e persoal dos graduados deste Ciclo, no que se incorporarán ás diferentes tarefas para as que se teñen preparado, eficaz e sobradamente, nestes dous anos.

Parabens!

Share this Post