Estudantes alemáns visitan a nosa exposición ‘Camiño’

/ Abril 25, 2018/ Noticias

Estudiantes alemáns de Erasmus realizaron varias actividades con nós na súa estadía na EFA A CANCELA. Entre elas, visitaron a exposición Camiño: con pan e viño ándase o camiño que actualmente podedes visitar na nosa escola.

Celestino Lores, comisario da exposición, foi o encargado de explicarlles a estes futuros panadeiros e pasteleiros a exposición de pan , pintura e viño de todas as comarcas por onde discurre o Camiño Portugués.
Asimismo relatoulles dunha maneira moi interesante a historia do Camiño de Santiago.

Lembrade que podedes visitar esta exposición ata o 21 de maio de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:00

Share this Post