Entrevista a Beatriz Ríos traballo dos nosos alumnos de 1º de Panadería

/ Marzo 29, 2018/ Noticias

Un novo análisis dos nosos alumnos, neste caso sobre a cata de mel impartida por Beatriz Ríos.
Silvia,Natividad,Andrea,Lucía,Alba e Desi, de 1º de Panadería fixéronlle unha entrevista.

1. Como chegaches ou por que decidiches impartir catas de mel?

Era licenciada tecnolóxica e cando empezou a traballar no mundo do mel quixo facer chegar eses produtos así como as súas calidades a toda a xente para que coñecese un pouco máis este produto.

2. Como definirías o teu “mel”?

Definiría mel, como edulcorante natural producido polas abellas con gran cantidade de calidades e de gran importancia para o ser humano.

3. Cales son os principais meles galegos?

Os principais meles son as de eucalipto, queiroga, castiñeiro e silva.

4. De todas elas, cal é a que máis sabor achega? E a que menos?

A que máis sabor achegan son os meles de castiñeiro e a de queiroga.

As que menos sabor achegan son as de eucalipto e a de silva (son as máis utilizadas en pastelería).

5. Como se debe tomar o mel?

O mel débese consumir en estado sólido (cristalizada) e no caso de que se quixese consumir en estado líquido deberíase desfacer sen exceder os 40º C

6. Como se debe conservar o mel?

O mel debe conservarse pechada hermeticamente en sitios con pouca luz

7. A etiqueta do bote de mel que información debe conter?

Debe ter obrigatoriamente o certificado de calidade, a cantidade neta do bote, a data de consumo preferente (data de caducidade), país de orixe e os datos do envasador.

8. Que cantidade de mel é recomendable consumir ao día?

Segundo os estudos dise que é recomendable tomas unha cullerada sopeira de mel ao día.

9. Ademais de para a garganta, para que é recomendable consumir o mel?

Ademais de para a garganta é saudable para a pel, xa que é moi bo cicatrizante.

PARA MAIS IMFORMACION SOBRE ESTE INCREIBLE PRODUTO GALEGO, VISITAR: www.mieldegalicia.org

Share this Post