Emprendimento, desenvolvemento rural, experiencia gastro e coidado do producto… quen da máis?

Nestes días recibimos en A Cancela a visita de Alicia Benade, da empresa Trigo y Limpio, que produce unha harina de trigo galego, en concreto o Callobre, un cultivo propio que pretende dar unha oportunidade de emprendimiento ao medio rural galego.

A iniciativa de por en marcha esta empresa, que tratar de xuntar tradición e innovación é de Alicia e o seu irmán, procedentes da parroquia de Pexegueiro, no concello de Tui.

E nace para responder a esa demanda cada vez máis urxente e ao interese na calidade das harinas en xeral e de cultivar pans con alto valor nutricional, un sabor intenso e cunha gran personalidade, en particular.

O callobre é un ecotipo antigo e de semente certificada, non sufriu modificacións para mellorar a súa productividad, e no seu cultivo non se utilizan fertilizantes, pesticidas nin herbicidas, así como tampouco se engaden posteriores aditivos, conservantes ou mellorantes.

E que no ADN desta empresa está a sostenibilidade do proxecto, e o respeto á ecoloxía do producto, ademáis de apsotar pola líña de venda directa ao pequeno consumidor que goza de produtos onde a orixe e a calidade van da man.

A  visita serviu para mostrar aos nosos futuros panadeiros este gran produto que de seguro amasarán moitísimo, e o amor e respeto por un producto, unha tradición e unha actividade con moito futuro por diante. Grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *