“Emprender é fácil, se sabes cómo”: asistimos ó encontro sectorial para xóvenes con vocación emprendedora

/ Novembro 9, 2018/ Noticias

Se onte dábamos conta da sesión sobre márketing empresarial para xente xoven, hoxe damos conta da última das sesión ás que asistimos no entontro sectorial para futuros (ou actuais) emprendedores. Estivo a cargo de  Juan José Romero Crusant, experto en vendas e modelos de negocio, e abordou dun xeito práctico e activo contidos como:

– Aprender a desenvolver un “mínimo produto viable”.
– Comprender o concepto de “proposta de valor diferencial”.
– Practicar o “Canvas model” para tomar conciencia dos elementos que conforman un modelo de negocio e entender a súa engrenaxe..

Neste encontro, desenvolto no marco do proxecto Lidera da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), tentábase atopar xeitos sinxelos e innovadores para por en práctica o emprendimento, particularmente entre a mocidade, e no rural.

Neste  encontro sectorial mozos, mozas e distintos actores sociais e económicos do territorio poñen en común e dialogan ata alcanzar un coñecemento mutuo que apoie o emprendemento entre a mocidade, e as oportunidades que del se derivan.

Share this Post