EFA A Cancela volverá colaborar na IIIª Feira do Pan de Porriño.

/ Maio 18, 2018/ Noticias

Os alumnos e profesores do ciclo de Panadería e Repostería da escola de Formación Profesional EFA A CANCELA situada nas Neves, participarán novamente organizando o show cooking da FEIRA DO PAN DE PORRIÑO, unha colaboración que desde ACIPOR e a organización da Feira do Pan, afirman “servirá para consolidar unha interesante colaboración e dará un salto de calidade na organización da mesma”. Desde ACIPOR e a Asociación de Panadeiros, quixeron destacar o gran labor desenvolvido en 2017 no desenvolvemento do Showcooking de maridaxe de produtos con Pan de Porriño, que será o indubidable protagonistas.
Os futuros cociñeiros e chefs de EFA A CANCELA, elaborarán varias preparacións de pratos nos que brillará o pan de Porriño, salgadas e doces. Na preparación deste show cooking xa traballa o equipo de alumnos buscando combinacións e maridaxes que fagan brillar este produto, que en si só xa ten un valor gastronómico moi importante, que non quixo desvelar aínda as preparacións para dar a sorpresa o día do evento. “Seguro que van sorprender”, afirman desde a organización”
A escola de formación profesional EFA A Cancela aposta desde hai anos por formar aos seus alumnos no campo da panadería artesá, buscando a esencia do bo pan, utilizando procesos moi similares aos do pan de Porriño, (as longas fermentacións, trigos de gran calidade, masa nai, etc.). Desta paixón polo pan, desde a Feira do Pan de Porriño considerouse moi positivo contar coa colaboración de EFA A Cancela para visibilizar esta profesión e a necesidade de combinar a tradición coa formación e a innovación, ao entender que o futuro da panadería pasa por formar profesionais que volvan posicionar o pan nos estándares de calidade que se merece.

Share this Post