EFA A Cancela, na Feira Gastronómica Etiqueta Negra

/ Novembro 14, 2019/ Noticias

O producto gourmet galego e a innovación inspiradora que supón no mundo da gastronomía foi o foco de atracción ó público e ós profesionais da cuarta edición da feira de produto gourmet galego Etiqueta negra, celebrado nos días 9 ó 11 de novembro no recinto feiral de Pontevedra.

Á cita cá calidade dos productos e dos profesionais acudiron todos os alumnos do ciclo de Pastelería e panadería, qeu participaron en obradoiros e catas, e conversaron con expertos de diferentes sectores, empresas e productos.

Tivemos tamén a satisfación de ver cómo dúas das nosas alumnas deste Ciclo de Panaderia e Repostería, Camila e Tamara, gañadoras do premio Requeixo 2019, foron invitadas a participar no showcooking do sábado no recinto da feira.

 

Aproveitamos ademais a visita á capital para acudir á panadería Amásame Bakery Lab, que dirixe Daniel Pampín, un gran profesional que temos como referencia na EFA pola súa traxectoria e pola xenerosidade á hora de impartir master class, etc. ó noso alumnado. É, ademáis, un dos mellores expoñentes da nova xeración de panadeiros e reposteiros que están a poñer en valor a profesión entre as novas xeracións.

Share this Post