Despedimos o curso cunha sesión de inmersión na cultura británica

/ Xuño 20, 2019/ Noticias

 

Nas aulas de Infomática, dos ciclos de Administración, non se falaba doutra cousa nestes derradeiros días do curso: a hexemonía do Imperio británico e a colonización cultural -que aínda pervive a través da Commonwealth a día de hoxe- de case medio mundo.

Unha didáctica axeitada, o emprego do xogo e a interacción na aula, e un tema interesante dan como resultado unha xornada moi especial, que remata o curso nos ciclos de Administración e Finanzas e Xestión administrativa da EFA A Cancela.

Agora só falta a avaliación dos coñecementos adquiridos: boa sorte, e a demostrar todo o traballado durante o ano.


Share this Post