DEGUSTACIÓN NA FESTA DO PEMENTO DE GULÁNS

/ Setembro 6, 2018/ Noticias, Uncategorized

Aínda que as clases dos Ciclos comezarán o próximo luns día 17, os nosos alumnos xa están quentando motores!
Nesta ocasión realizamos unha colaboración con Señorío de Rubiós na Festa do Pemento de Guláns realizando unha degustación dos seguintes pratos:
– Galleta de queixo especiada con chutney de pemento de Guláns perfumada con augardente.
– Pan recheo de pementos de Guláns e bacon afumado.
– Ceviche de salmón e pementos de Guláns.
– Gelée de pementos e framboesas con cremoso de chocolate branco e Requeixo de As Neves.
Share this Post