Curso práctico do modelo de negocio e xestión de Inditex

/ Xaneiro 17, 2020/ Noticias

Estamos en pleno periodo de rebaixas, é verdade, época forte para o sector textil, e o comercio en xeral. Pero o modelo de empresa de Inditex, como puidemos comprobar na nosa recente visita ás súas instalacións en Arteixo, vai moito máis alá, e converteuse en toda unha referencia, obxecto de estudo por parte de Escolas de Negocios e expertos no mundo da empresa.
Fixemos un percorrido guiado polas instalacións no que puidemos coñecer de primeira man todos os procesos, desde o deseño e a calendarización das coleccións ao envío da mercancía a todo o mundo. Unha interesantísima actividade que gozaron os alumnos do ciclo de Administración e Xestión de ACancela, cun punto de orgullo por coñecer esta gran empresa que leva moi lonxe e moi alto o nome de Galicia.

Share this Post