Curso formativo en Panaderia e Repostería Galega para aprendices alemáns

/ Abril 19, 2018/ Noticias

O vindeiro martes 24 de Abril entre as 10:00 e as 14:00 o centro formativo EFA A Cancela recibirá un grupo de 10 aprendices alemáns, formado por 6 panadeiros e 4 pasteleiros, veñen cunha bolsa de ERASMUS+ e realizasen as súas prácticas en varias empresas viguesas do sector para partir do mércores 25 de Abril.

Durante o curso formativo, que impartirá unha antiga alumna do centro, Ina Blisse ( VidaBliss Mobility), recibirán uns primeiros coñecementos da panadería/pastelería autóctona galega. A xornada conclúe coa visita ao muíño de Rubiós.

Durante o taller estes alumnos alemáns farán unha pequena convivencia cos nosos alumnos cos que compartirán a súa experiencia e animaranlles a facer estadías Erasmus en Europa.

 

Share this Post