A cultura, a política e as tradicións británicas xa non teñen segredos para nós

/ Decembro 20, 2018/ Noticias

A asignatura de Inglés administrativo para os módulos de Inglés no CM de Xestión Administrativa e de CS de Administración e Finanzas ten como obxectivo que os alumnos adquiran unha serie de coñecementos, destrezas e habilidades relacionadas coa contorna empresarial.

Ditas destrezas son basicamente comunicativas: desde saber desenvolverse na atención a un cliente estranxeiro ata redactar documentación escrita propia tanto da empresa privada como da Administración Pública.

Aínda que a asignatura teña como obxectivos o adquirir destrezas lingüísticas no ámbito empresarial, hai moitos contidos transversales interesantes que pola propia natureza da asignatura non se recollen como contido mínimos pero que son moi importantes para a súa cultura xeral.

Por iso, na EFA A CAncela complementamos esta materia coa impartición de diferentes relatorios por parte dunha profesora nativa, natural de Manchester, que lles expón temas directamente relacionados coa cultura británica, entre eles:

As diferenzas entre Gran Bretaña e Reino Unido (e os países que os forman); peculiaridades da situación política de Irlanda e Irlanda do Norte; qué é a Commonwealth…
Os emblemas deses países (bandeiras, símbolos británicos).
O sistema educativo e cultural; as culturas e tradicións (festividades típicas outras comúns coas nosas).

A familia Real: composición, influencia de poder no pobo…
E sobre a actualidade: o Brexit, a composición dos órganos políticos …


Como metodoloxía estamos a usar o chamado sistema KWL (Know, Want, Learn; Saber, Querer, Aprender). Inicialmente propoñeráselles aos alumnos os diferentes temas a tratar e serán eles os que elixan os aspectos nos que lles interesaría ampliar coñecementos. Deste xeito faise aos alumnos totalmente partícipe da súa aprendizaxe.
A continuación farase unha valoración dos seus coñecementos previos ao asunto a tratar e posteriormente se impartirá a clase dun xeito totalmente activo, recibindo un feedback do seu proceso de aprendizaxe para terminar cun test dos coñecementos adquiridos.

A primeira das tres sesión previstas desenvolveuse hoxe con gran éxito, temos grandes expectativas para as seguintes.

Share this Post