Coñecendo a cultura británica sen saír da casa

/ Abril 23, 2020/ Noticias

Esta mañá tivemos unha sesión de British culture online, de todos os estudantes da EFA A Cancela con Lisa Jayne Wood, experta coach en aprendizaxe de idiomas e en neurolenguaje, profesora de inglés desde fai 20 anos.
Organizada polo departamento de idiomas e a profesora de comunicación, Ana Rosa, a actividade combinou o intercambio de coñecementos e información sobre personaxes, cultura,tradicións ou peculiaridades dos distintos territorios que compoñen Gran Bretaña cunha extensa explicación do Brexit.

Todo, nun ton distendido, que incluíu recomendaciones de boas series para ver en versión orixinal e mellorar pronunciación e vocabulario e, por suposto, facer máis llevadero o confinamiento.
terminamos cunha proba para recordar os coñecementos adquiridos -vía Klout!- na que arrasaron as alumnas de Xestión Administrativa, que coparon o podio: Andrea e Leise, de 1º, fixéronse cos dous primeiros postos, e Laura, de 2º, gañou a medalla de bronce.
Grandes!

Aquí tedes algúns dos intres da sesión:

 

Share this Post