Clausura do curso 2017-2018

/ Xuño 24, 2018/ Noticias

O pasado día 22 de xuño celebrouse a clausura do curso 2017-18 cunha grande afluencia de pais, alumnos e familiares.

Acompañounos o alcalde de As Neves, D. Xosé Manuel Rodríguez, a Presidenta de a Efa A Cancela, Dna. Mª Carmen Gil, D. Enrique Rodríguez, secretario da Federación de Efas de Galicia, D. Manuel Montenegro, enxeñeiro agrónomo e a Directora da Escola, Lara Fernández.
O acto celebrouse no Auditorio Vázquez Portomeñe de As Neves tras finalizar a Sta. Misa celebrada na Capela da Escola.
Foi unha noite moi emotiva na que contamos coa presenza da antiga directora Dna. Mª Antonia Mateos á que invitamos a subir para adicarnos unhas palabras e para ofrecerlle un agasallo sorpresa da man da súa propia neta.
Os alumnos foron os protagonistas, adicando unhas palabras aos seus compañeiros.
Puidemos desfrutar coa proxección da memoria de actividades deste curso e cun vídeo feito por e para os alumnos que se gradúan este ano.
Finalmente degustamos un sabrosísimo catering preparado polos alumnos de 1º de Panadería, despois de traballar moi duro durante estes días para que todo salise perfecto. Moitas grazas rapaces!!!​
Share this Post