Charla sobre residuos

/ Xuño 4, 2018/ Noticias

Esta semana tivemos no EFA A Cancela unha charla sobre residuos impartida por Suso Iglesias, mestre composteiro do plan Revitaliza, que está levando a cabo a Deputación de Pontevedra en 36 concellos da provincia. O das Neves, que se adheriu a fase dúas deste plan, recibindo unha subvención e un equipo de técnicos que están a implantar no concello a compostaxe.

Tratáronse tanto a situación actual da xeración de residuos, os sistemas de reciclaxe, como a nova normativa na área de residuos que esixe separar para a reciclaxe o 50% dos residuos municipais para o ano 2020.

Presentouse o plan Revitaliza, baseado na separación dos nosos residuos orgánicos, para logo tratalos dun xeito sinxelo e próximo como é a compostaxe. Isto non só reduce a materia orgánica que tiramos o contedor verde, senón que facilita a separación doutras fracción reciclables como: envases, papel e vidro.

Animouse o alumnado a coñecer as vantaxes da economía circular, a reciclaxe e a compostaxe para poder aplicalas na súa futura vida profesional.

O noso centro leva participando no plan Revitaliza durante este curso, separando o restos dos obradoiros de panadería e pastelería, e depositándoos nos composteiros que instalou o Concello das Neves no noso xardín. Co compost obtido podermos mellorar o noso xardín e mesmo comezar unha horta de plantas aromáticas o vindeiro curso.

Share this Post