CHARLA COLOQUIO: O PAN DE CEA (María, Andrea, Karina, Laura e Rodrigo)

/ Maio 25, 2015/ Noticias

O martes 14 de abril, os alumnos de 1º de panadería asistimos, na Efa A Cancela, a unha charla sobre o pan de Cea, as súas características e a súa elaboración, así sobre coma conseguiron a IGP, impartida pelo panadeiro Don Carlos Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador do Pan de Cea.

images (1) LOGO PAN DE CEA PAN CEA

O Pan de Cea defínese coma o produto que se elabora con fariña de trigo, da que o 50% procede da variedade da Comunidade Autónoma de Galicia, con auga e sal, á que engaden para a súa fermentación, masa nai. O amasado realízase en varias etapas mediante un laborioso proceso artesán. A masa cócese en fornos circulares de pedra de granito, cun deseño particular da zona de Cea.

O pan de Cea ten unha forma alargada e redondeada nos extremos, cunha fenda no centro, presentase en pezas de 1, 1,2 kg e bolos de 0,5 e 0,6 kg. Ten unha codia grosa e de anchura variable, a súa cor vai de dourado a castaño escuro e o seu sabor é tostado. A miga é de textura esponxosa, fibrosa e firme, o alveolado non é moi abundante e está distribuído de forma irregular cun tamaño moi variable, a súa cor é apergamiñada, recorda ó gran de trigo enteiro, e ten un sabor intenso a trigo.

O 17 de abril de 2004, conseguiron a Indicación Xeográfica Protexida, converténdose así no primeiro pan con IGP da UE, e falounos de que non teñen a DO porque esixe unhas zonas limitadas e un censo de agricultores, factores que non poden cumprir.

Non teñen cooperativa, son 3 panadeiros, 19 elaboradores que forman parte da mesma familia, polo que é un pan familiar.

Ademais dos diferentes puntos de venda dos que dispón en Ourense e a provincia e da venda diaria no seu despacho “o forno do Carlos”, envían o seu pan de forma periódica a Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Barcelona, Vitoria, Asturias, Cádiz e Estremadura.

Forno do Carlos, situado en Cea, un pobo de 3.500 habitantes na comarca do Carballiño, leva cocendo o famosísimo Pan de Cea dende o 22 de maio de 1981. Está adaptado á normativa en vigor sobre as instalacións e posúe dous fornos tradicionais de pedra do País.

Todos os primeiros domingos de xullo dende o ano 1991, celebrase no Campo da Saleta de Cea, a festa de exaltación do Pan de Cea, un lugar que se converte nun punto de encontro obrigado para degusta-lo famoso produto elaborado pelos panadeiros de Cea. Ano tras ano, a festa gaña presenza e hoxe en día está marcada na axenda de moitos coma unha cita inescusable.

Share this Post