Alumnos de A Cancela no encontro sectorial “marketing persoal para xente emprendedora”

A importancia da comunicación da propia identidade e da chamada “marca persoal” é un dos eidos en torno ós que xirou o encontro sectorial “Marketing persoal para persoas emprendedoras” organizado Ler máis

“Como vai o meu país?” comenzan as sesión de “finanzas para mortais” para dar resposta a preguntas relevantes

Na programación do aprendizaxe dos alumnos dos ciclos formativos na EFA A Cancela tentamos ofrecer sesións que lles axuden a contextualizar e ter unha visión xeral da realidade na que Ler máis

A directora da EFA A Cancela, no I Encontro Empresarial das mulleres empresarias de Galicia

Image

O Balneario de Mondariz foi o escenario hai uns días do I Encontro Empresarial organizado por Empresarias Galicia coa colaboración do GDR Condado Paradanta. O obxectivo da xuntanza era tratar da dinamización social e económica da comarca, apoiando neste caso concretamente ao emprendimiento feminino e a empregabilidade das mulleres.

Ó xantar e a posta en común das iniciativas propostas asistiron arredor  dunha treintena de empresarias de sectores clave na zona; entre elas, en representación da EFA A Cancela, a directora do centro, Lara Fernández.

Na sesión falaron tamen dos novos retos que se presentan ás mulleres, a partir do relatorio “Reinventarse profesional e personalmente. Unha aposta de futuro?” proposto pola organización do encontro.

Unha oportunidade de por en común as preocupacións, ilusións e proxectos das mulleres que traballan en favor do desenvolvemento rural nesta comarca.