CARTA ERASMUS NA EFA A CANCELA

/ Maio 6, 2015/ Noticias

No presente curso 2014/15 tramitamos a solicitude a Bruxelas da Carta ECHE, do Erasmus+.

erasmus-plusO programa Erasmus+ ten como obxectivo atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grao superior; mellorar cualitativamente e aumentar cuantitativamente a mobilidade de estudantes e persoal docente en Europa.
O primeiro obxectivo na EFA A Cancela é a realización das prácticas nun país da Unión Europea para todo aquel alumno que así o desexe, así como facer viaxes de estudo e shadowing a empresas estranxeiras tanto alumnos coma docentes.

Precisas de máis información? Envíanos unha mensaxe facendo click nesta enlace.

Share this Post