Bárbara e o seu Erasmus en Verona

/ Marzo 5, 2018/ Noticias

A alumna do Ciclo de Panadería, Bárbara, ultimando o seu perfeccionamento Erasmus en Verona.
Leva desde o mes de outubro na Pasticceria Flego, aprendendo novas técnicas e estilos de traballo. A súa andadura finalizará no mes de abril; 6 meses en Italia que sen dúbida lle virán moi ben tanto para o seu perfeccionamento laboral como personal, así como no aprendizaxe do italiano.

Logo de 6 meses de estadía en Verona, aínda di que non quere volver, síntoma de que esta experiencia é moi positiva para ela en todos os sentidos.

Se ti tamén queres facer prácticas Erasmus non dubides en vir a estudar connosco á Efa A Cancela. Poderás ir a un país de Europa que ti elixas.

Chámanos ao 986.64.82.50 ou envianos un mail e te ampliaremos a información: publicidadefa@gmail.com

Non o dubides máis e decide o teu futuro!

Share this Post