Bacharelato ou formación profesional?

Chega un intre en que cada mozo e moza debe elixir un camiño a tomar na súa educación, escollendo entre un ensino académico ou un ensino aplicado.

books-1185628_1280

A implantación da Lomce xa case está completada. Pero neste curso xeráronse diversos conflitos na súa implantación na ESO. Principalmente aconteceu que en 3º da ESO, os alumnos tiñan que escoller entre Matemáticas Académicas ou as Aplicadas. As académicas están pensadas para aqueles alumnos que pretenden orientar os seus estudos pola vía académica (Bacharelato), mentres que as aplicadas están orientadas a aqueles alumnos que escollan a Formación Profesional para a súa formación.

Estas novas opcións da Lomce implican que os alumnos se atopen nunha difícil situación na que teñen que decidir que camiño escolleran para o seu futuro, cando todavía non o teñen nada claro. No caso das matemáticas, un alumno ao que lle gusten as matemáticas e queira cursar unha Formación Profesional, pode escoller as máis complexas, as matemáticas académicas, e presentarse a reválida pola opción das matemáticas aplicadas. O problema ven cando un alumno o que non lle gustan as matemáticas escolle as aplicadas en 3º e 4º por ser mais sinxelas, pero ten aspiración de cursar Bacharelato. Isto implica que o alumno deberá aprobar a revalida de Matemáticas Académicas en 4º curso, e moi posiblemente non teña acadado o nivel suficiente para superar a proba.

A principal vantaxe radica na especialización dos coñecementos recibidos nos dous últimos do curso, de forma que o alumnado se atope co nivel adecuado para cursar a opción escollida, tanto se escolleu Bacharelato como se escolleu unha Formación Profesional.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *