Aula-empresa: o segredo mellor gardado de A Cancela

En A Cancela pensamos que unha boa formación é o paso previo a calquera experiencia exitosa na actividade proefsional. Que o valor engadido que aporta un bo profesional procede do estudo, a técnica e os mestres que lle dirixen no proceso de aprendizaxe.
Por iso, desde o primeiro trimestre do primeiro curso, en A Cancela poñemos en práctica o proxecto Aula empresa.

Trátase dunha actividade enmarcada dentro das actividades complementarias contempladas no Plan Xeral Anual do centro para este curso. Os obxectivos que se pretenden son:

·        Estudo do medio e da súa realidade.

·        Favorecer e axudar a investigar.

·        Coñecer máis de cerca a profesión que escolleron.

 Os alumnos están na empresa en 3 ocasións ó longo do curso (unha por trimestre). En cada unha delas teñen que observar, investigar e, se é posible, facer as actividades que lles manden na mesma. Levan consigo un guión que foi traballado previamente con eles na clase e que terán que entregar por escrito á volta cos resultados da estancia. Se fai tamén unha posta en común (síntese) mostrando a experiencia que supuxo para cada un deles.

 A organización deste período de formación na empresa faise tendo en conta a programación dos diferentes módulos e se perseguen obxectivos específicos. E os resultados son… espectaculares.

Temos tantos e tan bos colaboradores, en sectores tan diversos con quen levamos anos intercambiando experiencias e que son un puntal na nosa escola…
Esta semana traémosvos algunhas historias dos últimos alumnos que fixeron a súa estancia en varias empresas. É o caso de Érika, de 1° de CS de Administración e Finanzas, na empresa de transportes Porr-Express, de Maite e Ana, de 1º do CM de Panadería e repostería, que pasaron a súa estancia no restaurante do hotel da Natureza Nande, e de Shewit e Xes, que realizaron o seu proxecto aula empresa no obrador do Molino, en Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *