As empresas que coidan a atención ó cliente teñen moito camiño percorrido cara ó éxito

/ Febreiro 18, 2020/ Noticias

Os alumnos de 2° de Xestión Administrativa e de 2° de Panadería recibiron nestes días unha sesión de formación a cargo do Instituto Galego de Consumo sobre Atención de Queixas e Reclamaciones.

Lexislación, resolución de conflitos na atención ao cliente foron os temas principais, moi útil xa que é parte da materia de Comunicación e Atención ao Cliente que ambos cursos teñen en 2° do Ciclo formativo que cursan.

Ter e practicar as chamadas habilidades brandas, ou soft skills, como o traballo en equipo, a resolución de conflitos ou a empatía depende en gran medida a confianza xerada polas empresas, e a fidelización e satisfacción dos clientes. un aspecto a recordar para ter o mellor desempeño profesional posible.

Share this Post