Un ano despois dos lumes, As Neves mais solidaria recorda ás víctimas

/ Outubro 15, 2018/ Noticias

O calendario hoxe marcaba 15 de outubro… un cabodano xa! Hai xusto 365 días, un 15 coma este, o ceo voltábase negro, e vermello, e cheo de cinzas; e o día volvíase noite, e o medo percorría as parroquias sen deterse diante das casas, nin dos animais, nin das industrias.

Tantas terras, leiras, vidueiras, galpons e animais quedaban desfeitos, mortos ou malferidos por un lume sen sentido ningún que aínda agora trae -só có recordo- un calofrío que percorre As Neves.

Pero o tempo pasou, o traballo dos homes e mulleres deu o seu froito e hoxe podemos celebrar que estamos vivos, cos soños e a ilusión intactos.

Os rapaces de As Neves saben ben xa o importante que é coidar do monte e evitar os lumes.

ESPERANZA E SOLIDARIEDADE CARA Ó FUTURO

E diso iba a xuntanza desta mañá no polideportivo de As Neves, no que xunto con tantos rapaces, maiores e veciños de todo o concello recordamos ás victimas dos lumes de hai un ano, en Chandebrito, en Oia e en Carballeda de Avia. Un día para o recordo e a esperanza e para recordar, como sinalaban os pequenos nos seus carteis, que o monte é vida, e boa parte do noso futuro

OS ALUMNOS DA EFA, PROTAGONISTAS NA ACTIVIDADE

Dúas alumnas da EFA -Lidia e Sandra, de 2º de Administración e Panadería, respectivamente- leron uns poemas no acto de homenaxe, e puxeron o vello de punta, a sensibilidade a flor de pel, co seu sentido recordo ós feitos de fai, xusto, un ano. Grazas!

O acto no pabellón contou con moitas intervencións, entre elas a lectura de poemas das nosas alumnas.

A directora da EFA A Cancela, Lara Fernández, foi entrevistada por varias cadeas de televisión durante o acto

BALANCE DAS LAMAS EN AS NEVES

O  15 de outubro de 2017 as lamas arrasaron máis de 4.000 hectáreas, queimaron 30 vivendas e destruíron importantes empresas do sector primario que daban emprego a decenas de nevenses.

Share this Post