Alumnos de A Cancela premiados no concurso de cociña “Xuventude crea”

/ Novembro 20, 2018/ Noticias

A Consellería de  Política Social da Xunta, dentro do programa Xuventude Crea ven de convocar unha xornada-concurso de cociña para xoves creadores. Os participantes tiñan que facer unha receita con algúns dos produtos máis típicos desta tempada e desta zona: requeixón, mel, castaña, paté…

Dous dos alumnos de 2º do Ciclo de Panadería (Silvia e David), se fixeron cos primeiros postos: Silvia quedou segunda, ca sua creación de geleé de pimiento de gulans e frambuesas. E David (autor de una requeixo, limón e mel) fíxose co terceiro posto (non podía ser menos, tratándose de alumnos de As Neves, cuna destes produtos).

Outros tres dos nosos alumnos do segundo curso do Ciclo de Panadería, Pastelería e Repostería (Roque, Sandra e Ángel)  quedaron finalistas.

E o resumo desta feliz xornada na que obtivemos tan gran recoñecemento é que as boas cousas, ben feitas, con talento, técnica e cariño teñen sempre premio. Noraboa, rapaces, seguide cara arriba na vosa aprendizaxe!

Ah, e en canto poidamos e volten ás aulas lles pedimos as receitas e volas compartimos!

Share this Post