Alumnos de A Cancela no encontro sectorial “marketing persoal para xente emprendedora”

/ Novembro 7, 2018/ Noticias

A importancia da comunicación da propia identidade e da chamada “marca persoal” é un dos eidos en torno ós que xirou o encontro sectorial “Marketing persoal para persoas emprendedoras” organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social que tivo lugar onte no espacio xove de Tui.

A sesión principal do encontro, aberto ós mozos e ós distintos dinamizadores sociais e empresariais do territorio que comprende a zona interrexional V España e Portugal, tentaba establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido laboral.

A experiencia desenvolveuse no Espazo Xove de Tui, e no marco do proxecto Lidera

Entre os contidos abordados no programa, dirixido por Roberto Pérez Marijan, experto en oratoria e marketing dixital, destacaron:

– Comprender as diferenzas entre “falar e transmitir”.

-Aprender a crear mensaxes emocionais que capten a atención da persoa interlocutora e desperten o seu interese.

-Aprender a manexar a linguaxe non verbal, tanto na comunicación oral como na comunicación escrita.

-Entender que un bo produto ou negocio necesita unha boa comunicación de posicionamento.

-A “pegada dixital”: un tema esencial para os futuros emprendedores pola repercusión persoal que supón para crear unha marca persoal.

-A creación de propostas de valor os nosos negocios mediante o marketing dixital, facendo un análisis dos distintos canles de comunicación que aportan e nos ofrecen as as redes.

 


Unha gran oportunidade de aprender algúns “tips” e consellos prácticos e comúns a calquera xove emprendedor, co que os alumnos da Efa A Cancela quedaron encantados.

Share this Post