A Concelleira de comercio e a presidenta da asociación de comerciantes TEA de Ponteareas visitan a EFA

/ Maio 19, 2015/ Noticias

O día 12 de maio, estiveron no centro a concelleira de comercio de Ponteareas e a presidenta da asociación de comerciantes (TEA ).

conf asoc comerciantes e concejala comercio ponteareas 001 conf asoc comerciantes e concejala comercio ponteareas 006Cada unha dende o seu punto de vista,  transmitiron as dificultades e logros que se están a reflectir no comercio de Ponteareas, entre outros, a aplicación das novas tecnoloxías á venda de produtos, loxística apropiada e normativa ao respecto e posta en marcha dende o Concello de medios para beneficiar ao pequeno comercio.

Propostas de creación de emprego, tan importante nestes tempos foron outro dos temas que se comentou, a competencia das grandes superficies e a liberdade de horario.

Share this Post