COACHING

A formación na EFA é integral e efectiva, tanto a nivel persoal como profesional: preparamos ao alumno para o mundo laboral.

Axudamos aos alumnos mediante as titorías, de grupo e persoais, a obter mellores resultados na profesión, empresa ou negocios, e tamén axudámoslles no eido persoal, social e das relacións humanas. Mediante o proceso de coaching o alumno afonda no seu coñecemento, aumenta o seu rendemento e mellora a súa calidade de vida. Procuramos prepararlles tamén nas competencias e habilidades profesionais e sociais, aplicando diferentes metodoloxías.

Algúns dos temas abordados nas sesións de formación personalizada son:


Ética profesional e formación en valores

  • Puntualidade.
  • Relación cos demais.
  • Iniciativa.
  • Proactividade.
  • Comunicación pública.
  • Imaxe persoal e traballo (vestimenta, hixiene).
  • Uso do teléfono móbil no traballo.
  • Motivación e automotivación.
  • Colaboración e participación á hora de resolver conflitos (traballo en equipo)
  • Confidencialidade.
  • Atención ao público.
  • Evitar e resolver conflitos. A negociación.
  • Compromiso coa empresa.

Coa axuda dos titores conseguirás respostas ás túas preguntas, ou farasche algunhas novas:

  1. Onde queres enfocar a túa carreira profesional?
  2. Tés algún reto que non sabes cómo afrontar?
  3. Sénteste incomprendido ou desmotivado?
  4. Queres desenvolver algunha habilidade en non sabes cómo?
  5. Tés malos hábitos que che están a impedir sacarlle partido a todo o teu potencial?
  6. Sénteste incomodo falando en público, en clase ou en círculos amplos de amigos?
  7. Tés medo de que algo saia mal?
  8. Pasas da alegría á tristura ou do amor ao odio ou a rabia sen poder controlarte?
  9. Sabes en qué es moi bo e en qué tes que mellorar?
  10. Tés problemas na casa, nos estudos, cos teus amigos o coa túa parella?

Responsabilízate do que queres e das túas accións e comeza a traballar para descubrir ata onde podes chegar.

Axudámosche no que precises, cumprimenta este formulario e responderémosche o máis pronto posible

    Nome

    Teléfono

    Correo electrónico

    Xestión administrativaPanadería, respostería e confitaríaCoidados auxiliares de enfermeríaEducación infantilAdministración e finanzasErasmus +Manipulador de alimentos

    Observacións

    Ao pulsar o botón “ENVIAR” declaro que lin a información e estou conforme co tratamento dos meus datos persoais.
    Si, autorizo que me envíen información comercial de EFA A Cancela

    Información básica Protección de Datos Reglamento (UE) 2016/679
    Responsable do tratamento: Asociación EFA A Cancela
    Finalidade: Contestar solicitudes enviadas desde a web.
    Lexitimación: Consentimento expreso do interesado.
    Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros.
    Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros que se detallan na información adicional.
    Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre protección de datos, na nosa web: https://efaacancela.com/aviso-legal/