En 2018 sacamos un 10 en voluntariado pero… ¿qué se coce para 2019?

/ Decembro 31, 2018/ Noticias

O curso 2018 estivo cheo de iniciativas de solidariedade entre os alumnos e o profesorado da Cancela… neste último trimestre, sen ir máis lonxe, puidemos visitar o XX Congreso nacional de voluntariado, en Orense, que contou coa presenza da Ministra de Sanidade e o Presidente da Xunta de Galicia, e con ponentes de renombre;

Belén Rodríguez, asesora de CECE Galicia.

tivemos tamén ocasión de escoitar en A Cancela á asesora xurídica da Confederación Española de Centros de Ensino  (CECE), Belén Rodríguez Lago, que nos explicou o labor que realizan en Uganda, de promoción da educación entre os máis novos e as nenas do país africano;

Solomon Ochieng, de Nairobi.

e ata coñecimos de primeira man a experiencia de Solomon Ochieng, keniata,  estudante de Relacións Internacionais na United States International University of Africa, en Nairobi, que está traballando en Vigo como auxiliar de conversación de inglés nos Ciclos Formativos de Montecastelo, á vez que coñece a cultura e a forma de vida españolas.

 

 

Laura Coma, autora da pintura rifada para axudar a Emaús Kenia.

Así, ata a nosa celebración do Nadal ha ter un ton evidentemente solidario, envorcado nos máis necesitados.

Nesta liña, a pintora viguesa Laura Como Canella cedeu generosamente un dos seus cadros, que se rifó xunto cunha cesta feita na escola entre todos os asistentes á festa. Todo o recaudado ía destinado á a Asociación EMAUS de Kenia.

Á festa asistiron numerosas autoridades, como o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; a presidenta da Asociación EFA A Cancela, M. Carmen Gil e o membro do Comité xestor, José Miguel Rodríguez e a directora da EFA, Lara Fernández.

 

Diversos momentos durante a festa navideña na EFA.

Tamp0uco faltaron os alumnos e moitas das súas familias, que gozaron probando o chocolate con roscón e outros doces mentres cantabamos villancicos e felicitabámosnos as festas.

Finalmente fíxose entrega dos diplomas do B1 conseguidos polos alumnos da Cancela na última convocatoria de Cambridge University, realizada o pasado mes de xuño.

Toda unha serie de alegrías co fondo da colaboración que, con todo, deixounos cunha pregunta no aire: que se está cocendo na EFA?

Os detalles decorativos e la presentación dos doces navideños foi moi comentada.

 

Share this Post