1º evaluación dos alumnos do ciclo de Panadería e Repostería

Chegaron en setembro un pouco perdidos, pero cheos de ilusión, expectativas e un puñado de boas recomendaciones.
E nestas, pasaron tres meses.

O venres celebramos a súa primeira avaliación, un exame pouco convencional, pode parecer a ollos alleos a este mundo da hostelería.

No obrador traballábase en silencio, concentrados, con equipamiento e materiais ben medidos, atentos aos tempos e as temperaturas.

E o resultado, sinxelamente, moi positivo: o salto cualitativo en técnica, actitude e capacidades, rechamante.

O primeiro paso do camiño para converterse en auténticos artesanos do pan e a repostería está ben dado, e é sólido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *